Cargando resultados...
Investigan unha presunta agresión sexual a unha muller discapacitada en Barcelona
Investigan unha presunta agresión sexual a unha muller discapacitada en Barcelona
Segundo a denuncia, mentres agardaba para facer unha radiografía nun centro de saúde, un mozo realizoulle tocamentos e obrigouna a realizar sexo oral
Os feitos investigados sucederon o día 13 nun centro de saúde do Raval
G24.gal
19/09/2023 09:56
Os Mossos d'Esquadra investigan unha presunta agresión sexual a unha muller discapacitada nas urxencias dun centro de saúde de Barcelona.
Os feitos sucederon o 13 de setembro, no barrio do Raval. A muller, de 34 anos, acudiu co seu pai por molestias e dor nos pulsos ao centro de atención primaria de Drassanes. Segundo denunciou, mentres agardaba para facer unha radiografía, un mozo realizoulle presuntamente tocamentos e obrigouna a realizar sexo oral.