Irene Ferreras: "O partido ante o Barcelona vainos servir para aprender moito"
Irene Ferreras: "O partido ante o Barcelona vainos servir para aprender moito"
As herculinas volven á elite do fútbol feminino logo de ascender a tempada pasada
O Deportivo ABANCA volve á Liga F e farao ao grande. O equipo coruñés recibirá o F. C. Barcelona, vixentes campioas de España e Europa e que contan con xogadoras do talle de Aitana Bonmatí ou Alexia Putellas.
As xogadoras de Irene Ferreras acadaron o ascenso á elite do fútbol feminino no anterior curso e agora disputarán a súa terceira tempada na máxima categoría. Non será un comezo doado.
"Tocounos o mellor equipo do mundo na primeira xornada. Cando ascendemos queriamos este tipo de partidos"
"O partido vainos servir para aprender moito, pero nós debemos mirar a medio prazo"
O conxunto herculino está a preparar a súa volta aos terreos de xogo e o equipo amosa boas sensacións. Malia as derrotas ante o S. C. Braga e o Spórting C. P., as deportivistas lograron a vitoria no Teresa Herrera ante o Athletic de Bilbao (2-1), e veñen de gañarlle ao Eibar con idéntico resultado.