Irene Garí e Anne Senosiain analizan o derbi da Malata
Irene Garí e Anne Senosiain analizan o derbi da Malata
As xogadoras do Uni Ferrol e do Celta atenderon a Radio Galega tras o encontro
Nun partido cheo de alternativas os dous conxuntos galegos da Liga feminina 2 ofreceron un grande espectáculo que caeu do lado departamental. Raúl Villares falou con dúas das protagonistas, a primeira delas irene Garí, do Uni Ferrol.
"preparamos o partidos sabendo que sería duro, porque son físicas. Quixemos ser eficaces en defensa. Sempre temos que seguir sendo nós mesmas. cando xogamos coma equipo saen as cousas ben. Son un equipo poderoso e un rival directo".
Pola súa banda no conxunto visitante, o Celta, falou Anne Senosiain.
"O principal problema foi na defensa. Adestramos cousas durante a semana e logo non as fixemos no partido. Non estivemos os 40 minutos coas ideas claras, e contra este equipo cheo de calidade, acabas pagando. Faltounos tranquilidade nalgúns momentos. Este é un dos partidos que gusta xogar".