Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel asegura que matou o líder de Hamas nun dos seus ataques en Gaza

Israel asegura que matou o líder de Hamas nun dos seus ataques en Gaza

O anuncio prodúcese pouco despois de que o Exército israelí anunciara que bombardeara unha escola nun campamento de refuxiados

Yahya Sinwar. REUTERS/Mohammed Salem Yahya Sinwar. REUTERS/Mohammed Salem
G24.gal 17/10/2024 16:18 Última actualización 17/10/2024 16:47

O Exército de Israel anunciou este xoves que matou o líder de Hamás, Yahya Sinwar, nun ataque na Franxa de Gaza no que supostamente mataron polo menos tres milicianos.

O anuncio prodúcese pouco despois de que o Exército anunciase que bombardeara unha escola no campamento de refuxiados de Yabalia (norte) usada, segundo Israel,  como "centro de mando e control" da Xihad e de Hamas, nun ataque no que xa morreron polo menos 28 persoas e outras 150 resultaron feridas, segundo a oficina de medios do Goberno de Hamas.

Mentres Israel esperaba os resultados de ADN que confirmarían a súa morte, o ministro de Defensa, Yoav Gallant, publicou na súa conta de X unha imaxe cos rostros tachados dos asasinados.

"Perseguirás os teus inimigos e diante de ti caerán a espada", escribiu Gallant citando o versículo 26 do Levítico. "Os nosos inimigos non se poden esconder. Perseguirémolos e eliminarémolos" engadiu.

Nado nun campo de refuxiados de Jan Yunis, cidade do sur de Gaza, Sinwar foi elixido líder de Hamás en Gaza en 2017 tras labrarse unha reputación de inimigo acérrimo de Israel.

O pasado 6 de agosto -tras o asasinato en Teherán do entón xefe do buró político, Ismail Haniyeh- foi escollido para ocupar o máximo posto no organigrama do grupo islamita.

Representaba a liña máis dura e belixerante do grupo e está considerado por Israel o cerebro dos ataques do 7 de outubro de 2023 contra territorio israelí nos que morreron unhas 1.200 persoas e outras 250 foron secuestradas, o que o converteu no home máis buscado por Israel desde entón e o incluíu na lista de sancións da UE.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade