Israel bombardea o Iemen tras o ataque cun dron contra Tel Aviv
Israel bombardea o Iemen tras o ataque cun dron contra Tel Aviv
A artillería israelí atacou o porto iemení de Hodeida, localidade do Mar Vermello, base principal desde a que actúa a guerrilla hutí contra barcos israelís ou con relación co Estado xudeu
Os bombardeos sobre Gaza nas últimas horas deixan pollo menos 37 mortos
Tan só un día despois de que un dron lanzado pola guerrilla hutí do Iemen alcanzara Tel Aviv, as forzas de Israel responderon este sábado cun bombardeo con avións militares sobre territorio iemení.
O exército de Israel confirmou que bombardeou posicións dos rebeldes hutís do Iemen, no porto de Hodeida, na costa do Mar Roxo. O ataque produciuse "como resposta aos centos de ataques realizados contra o Estado israelí nos últimos meses" aseguraron as Forzas de Defensa de Israel.
Na madrugada do venres nunha acción inédita ata o de agora, un dron lanzado polos hutís que chegou a territorio israelí sen lograr ser interceptado polos sistemas antiaéreos, causou un morto ao impactar nun edificio en Tel Aviv.
A canle de noticias que dirixe o movemento hutí de Iemen informa que o ataque israelí contra as instalacións petroleiras no porto de Hodeida causaron mortes.
Os hutís co apoio de Irán intensificaron os ataques contra Israel e obxectivos occidentais, asegurando que actúan en solidariedade cos palestinos.