Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel desmantela a rede de túneles de Hamas no norte e topa cinco reféns mortos

Israel desmantela a rede de túneles de Hamas no norte e topa cinco reféns mortos

Segundo o exército xudeu, houbo "feroces batallas" en que "moitos terroristas foron asasinados por soldados"

Edificios destruídos en Xabalia Edificios destruídos en Xabalia
G24.gal 24/12/2023 20:05 Última actualización 24/12/2023 20:21

O Exército israelí desmantelou a estrutura de túneles de Hamás no norte da Franxa de Gaza, con Xabalia como centro, onde atoparon os corpos de cinco reféns falecidos.

"Nas últimas semanas, a 551.ª Brigada da 162.ª División asegurou o control da zona do campamento de Xabalia, un dos centros operativos de Hamas na Franxa de Gaza", indicou un comunicado castrense.

As operacións incluíron "feroces batallas" durante as cales "moitos terroristas foron asasinados por soldados" e localizáronse centos de armas, informou o portavoz do Exército israelí, Daniel Hagari. 

Os corpos corresponden a tres soldados cativos o 7 de outubro, Ziv Dado, Ron Sherman e Nick Beiser, ademais dos civís Eden Zacharias e Elia Toledano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade