Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel intensifica os ataques en Gaza á procura do control total no norte

Israel intensifica os ataques en Gaza á procura do control total no norte

As tropas israelís continúan coa ofensiva no sur e poñen en marcha as primeiras incursións na zona do centro

Ataque en Jan Yunis Ataque en Jan Yunis
G24.gal 23/12/2023 09:41 Última actualización 23/12/2023 14:42

Israel intensificou nas últimas horas os ataques contra Hamás no seu obxectivo de lograr o control total do norte de Gaza, onde comezou a súa ofensiva militar na Franxa palestina hai dous meses e medio.

Segundo informa o voceiro do Exército israelí, Daniel Hagari, atópanse nas "etapas finais do control operativo" do norte dende o venres. Ademais, as tropas manteñen a ofensiva no sur, sobre todo en Jan Yunis, e comezou as incursións no centro.

O grupo islamita Hamás lanzou o 7 de outubro un ataque terrorista contra Israel con máis de 1.200 vítimas mortais e preto de 240 reféns. 

Israel declaroulle a guerra e comezou unha ofensiva militar en Gaza que ata o momento deixa máis de 20.057 persoas mortas e 53.320 feridas, a maioría civís, segundo o Ministerio de Sanidade gazatí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade