Publicador de contidos
Publicador de contidos

Israel intensifica os bombardeos en Gaza e os ataques deixan polo menos 30 mortos

Israel intensifica os bombardeos en Gaza e os ataques deixan polo menos 30 mortos

O exército israelí mata un palestino de 20 anos nunha redada en Hebrón

A guerra na Franxa de Gaza roza xa a cifra de 39.000 mortos, a maioría mulleres e nenos, conforme ás autoridades gazatís

Columna de fume nun edificio bombardeado polo exército israelí en Nuseirat (Gaza)
G24.gal 20/07/2024 15:38

O exército israelí bombardeou nas últimas horas distintas zonas da Franxa de Gaza matando polo menos a 30 palestinos, denuncian as autoridades sanitarias do enclave, mentres os tanques avanzaban cara ao oeste e o norte de Rafah.

As forzas israelís lanzaron un bombardeo contra os campamentos de refuxiados de Nuseirat e Bureij, no centro da Franxa. A capital, Gaza, tamén recibiu un duro castigo pola noite, e tamén o campo de refuxiados de Jabalia... No sur tampouco cesaron os ataques en Rafah e Khan Junis.

Mentres, na Cisxordania, soldados israelís mataron a un mozo palestino de 20 anos nunha redada en Hebrón.

O Ministerio de Sanidade gazatí, que controla Hamas, incrementa este sábado a 38.919 o número de falecidos na Franxa desde que comezou a invasión de Israel o 7 de outubro tras os ataques terroristas de Hamas en territorio israelí. Hai case 90.000 feridos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade