Cargando resultados...
Italia comeza con susto, pero remonta diante de Albania (2-1)
Italia comeza con susto, pero remonta diante de Albania (2-1)
Os albaneses marcaron na primeira xogada do partido
Bastoni e Barella anotaron antes do minuto 20 do primeiro tempo
G24.gal
16/06/2024 10:59
En 17 minutos víronse os tres goles do partido que enfrontou a Italia e Albania, os outros dous equipos do grupo de España. Houbo sorpresa no inicio porque na primeira xogada do partido Nedim Bajrami superou a Donnarumma aproveitando un erro italiano nun saque de banda.
Italia remontou antes do minuto vinte. Primeiro o central Alessandro Bastoni e logo Nicolo Barella marcaron os tantos do cadro de Spalletti. Foi un rival feble o albanés pero os vixentes campións de Europa non tiraron proveito de ningunha ocasión para conseguir un resultado máis amplo.