Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jacobo Aboal: "A demanda crecente de madeira é unha oportunidade para Galicia"

Jacobo Aboal: "A demanda crecente de madeira é unha oportunidade para Galicia"

O director da Axencia de Industria Forestal avoga por dixitalizar o sector

Afirma que para ser competitivos hai que aumentar a produción

G24.gal 16/04/2023 13:56 Última actualización 16/04/2023 14:11

O responsable da Axencia Galega de Industria Forestal afirma que a emerxencia climática está a derivar nunha demanda crecente de madeira.

"Os envases que antes se facían con plástico agora fanse con cartón, a construción tamén aplica a madeira, e o téxtil -antes de poliéster ou algodón- pódese facer cunha fibra cunha pegada 60 veces menor".

Jacobo Aboal subliña que Galicia é privilexiada neste recurso e que esta demanda supón unha oportunidade, que ademais poría freo ao abandono dos montes e á lacra dos incendios.

"Unha das formas de ser competitivos é aumentando a produción e para iso temos que dar os pasos cara á transición dixital".

O director da Axencia de Industria Forestal puntualiza que esta é unha das apostas do plan estratéxico para o sector que están poñendo en marcha. 

Aboal recorda tamén que a industria precisa cada vez máis man de obra neste campo, que desexa que se abra ás mulleres.

"Temos que facer todos un esforzo por intentar transmitir que xa esa páxina pasou e que o mundo da muller ten que entrar en contornas laborais tan masculinizadas como o sector forestal".

Jacobo Aboal afirma que a modernización das fábricas está cambiando moito a forma de traballar, que a maquinaria suple os traballos físicos e que o que se busca son operarios cualificados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade