Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jácome vese na obriga de readmitir o interventor municipal cesado por "vulnerar os seus dereitos fundamentais"

Jácome vese na obriga de readmitir o interventor municipal cesado por "vulnerar os seus dereitos fundamentais"

O traballador foi nomeado para o posto por resolución dun concurso de traslados

Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense/Europa Press Gonzalo Pérez Jácome, alcalde de Ourense/Europa Press
G24.gal 22/11/2024 16:29

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense emitiu este venres unha sentenza na que se obriga ao alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, a readmitir o interventor municipal cesado supostamente por "vulnerar os seus dereitos fundamentais".

O xuíz estimou un recurso interposto polo prexudicado e, en consecuencia, ratifica que o Concello deberá readmitir ao funcionario como interventor xeral, así como na súa condición de vogal do Tribunal Económico Administrativo do Concello de Ourense.

O ditame recolle tamén que o cesamento do funcionario se produciu "sen invocación algunha do fundamento da competencia que o alcalde-presidente se atribúe para iso fronte a un funcionario de Administración local habilitado de carácter nacional".

O funcionario foi nomeado para o seu posto laboral por resolución de concurso de traslados. As súas funcións colócano nunha "delicada posición" dentro da corporación local, xa que debe controlar e fiscalizar a xestión económico-financeira e orzamentaria, ademais da contabilidade, tesourería e recadación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade