Jailson: "Elixín o Celta para xogar na Liga, é un club con tradición e historia"
Jailson: "Elixín o Celta para xogar na Liga, é un club con tradición e historia"
Coincidiu con Rafa Benítez no Dalian, da liga chinesa
O R. C. Celta xa dispón da súa primeira fichaxe do mercado invernal, que arrinca o próximo día 2 de xaneiro. O medio centro brasileiro Jailson Marques Siqueira (Caçapava do Sul, 7 de setembro de 1995) únese ao conxunto celeste cun contrato ata o 30 de xuño de 2025 máis unha campaña opcional. Jailson é un centrocampista versátil, agresivo sen balón, con grande intuición para roubar e bo manexo do coiro.
"Elixín o Celta para xogar na Liga, é un club con tradición e historia".
Procede do campión da liga brasileira, Palmeiras, co que esta tempada disputou 28 encontros. Conta ademais con experiencia en Europa, xa que militou dúas campañas no Fenerbahce de Turquía. O medio centro chega ao R. C. Celta cun gran palmarés, xa que ademais de dous títulos de Liga, foi campión da Copa de Brasil e Copa Liberadores, dúas veces da Recopa Suramericana, dos campionatos Gaúcho e Paulista, en dúas ocasións, e da Supercopa do Brasil.
Jailson, quen chega libre, comezou a súa carreira en Gremio de Portoalegre, de onde foi traspasado ao Fenerbahce. Do cadro turco deu o salto á liga chinesa no Dalian para regresar a Brasil e unirse a Palmeiras, onde disputou as dúas últimas tempadas.
Coa chegada do brasileiro, o R. C. Celta reforza o seu centro do campo cun xogador con ampla experiencia, gran despregadura física e bo manexo de balón.