Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javier Manquillo reforza o lateral dereito do Celta

Javier Manquillo reforza o lateral dereito do Celta

O xogador está na sede negociando os últimos detalles do acordo

G24.gal 18/01/2024 20:12

Benítez continúa apostando por xogadores que coñece e dos que sabe o rendemento que poden dar. Aconteceu con Jailson (e o rendemento xa foi inmediato), e o Celta vai asinar a Javier Manquillo, que xa está en Vigo pechando os últimos detalles do acordo. 

Benítez coincidiu con Manquillo durante dúas temporadas no Newcastle. O adestrador reclamouno alá polo 2017 cando chegou a St James' Park procedente do Sunderland (antes xogara no Liverpool). Con Benítez, o lateral dereito xogou con regularidade, algo que non conseguiu facer na última temporada e media. 

A temporada pasada os problemas musculares foron un pesadelo para Manquillo que só puido participar durante 34 minutos repartidos en catro partidos. E esta campaña aínda non fixo a súa estrea. O salto de calidade do Newcastle e as lesións impediron que xogase con regularidade. O club de orixe buscaba unha saída e o xogador tamén quería ter minutos. 

Manquillo ten 29 anos, formouse no Atlético de Madrid, co que debutou en Primeira, pero buscou a vida noutros campionatos. A Ligue 1 (Marsella) e, por riba de todo, a Premier (Liverpool, Sunderland e Newcastle) coñecen ben o vindeiro lateral celeste. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar