John J. Hopfield e Geoffrey E. Hinton, premio Nobel de Física 2024
John J. Hopfield e Geoffrey E. Hinton, premio Nobel de Física 2024
Os galardoados utilizaron ferramentas da física para desenvolver métodos que son a base da potente aprendizaxe automática actual
John J. Hopfield, da Universidade de Princeton (USE) e Geoffrey E. Hinton, da Universidade de Toronto (Canadá) foron recoñecidos co Premio Nobel de Física 2024 por "descubrimentos e inventos fundamentais que permiten a aprendizaxe automática con redes neuronais artificiais", segundo informou este martes a Real Academia Sueca de Ciencias.
"O traballo dos galardoados xa foi de gran utilidade. En física utilizamos redes neuronais artificiais nunha ampla gama de áreas, por exemplo no desenvolvemento de novos materiais con propiedades específicas", afirmou a presidenta do Comité Nobel de Física, Ellen Moons.
Os dous premio Nobel de Física deste ano utilizaron ferramentas da física para desenvolver métodos que son a base da potente aprendizaxe automática actual. A dotación do premio é de 11 millóns de coroa suecas (case 1 millón de euros) que se repartirán a partes iguais entre os galardoados.
John Hopfield creou unha memoria asociativa que pode almacenar e reconstruír imaxes e outros tipos de patróns nos datos, mentres que Geoffrey Hinton inventou un método que pode atopar propiedades de forma autónoma nos datos e, por tanto, realizar tarefas como identificar elementos específicos en imaxes.