Publicador de contidos
Publicador de contidos

Johnson sucumbiu á rebelión interna provocada polos seus escándalos

Johnson sucumbiu á rebelión interna provocada polos seus escándalos

Pasou de lograr a maioría absoluta a converterse nun lastre electoral para os conservadores

G24.gal 07/07/2022 20:10 Última actualización 07/07/2022 20:24

En política ningúen é indispensable. Con estas palabras Boris Johnson renunciaba ao liderado do partido conservador e anunciaba a súa dimisión como primeiro ministro. Pero non de inmediato. Tentará aguantar ata outono.

   Sobreviviu á rebelión interna no seu partido superando a moción de confianza contra el, pero non puido coa renuncia de medio cento de altos cargos do seu goberno en só 48 horas.

  O home que fixo posible o Brexit chegou a Downing Street hai case tres anos cunha maioría absoluta incuestionable. Pero os escándalos propios, as mentiras para xustificalos e o apoio a un deputado tory denunciado por acosar homes converteu o excéntrico e carismático Boris Johnson nun político impopular.

  As enquisas son cada día máis desfavorables para o Partido Conservador. E no Reino Unido, cando un líder se converte nun obstáculo para gañar eleccións, son os seus correlixionarios quen o sacan de diante.  

    Boris Johnson trata de recompoñer o Goberno para manterse de primeiro ministro uns meses máis. Pero no país das apostas xa buscan outro cabalo gañador. O ministro de Defensa Ben Wallace vai de primeiro, de momento, na lista de favoritos.

   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar