Cargando resultados...
Jordi Pujol, operado por un ictus
Jordi Pujol, operado por un ictus
O expresident da Generalitat ingresou esta tarde no hospital
G24.gal
12/09/2022 21:04
Última actualización 12/09/2022 21:10
O expresidente da Generalitat Jordi Pujol foi ingresado este luns pola tarde no Hospital da Santa Creu i Sant Pau de Barcelona para ser intervido por unha alteración da linguaxe aguda debida a un ictus.
Así o explicou nun comunicado o Hospital de Sant Pau. Segundo fontes sanitarias, á súa chegada confirmouse que o ictus fora causado pola obstrución dunha arteria cerebral, que provocou unha redución do fluxo sanguíneo.