Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado logra un 2º posto no Gran Premio que o achega ao Mundial

Jorge Prado logra un 2º posto no Gran Premio que o achega ao Mundial

O galego conseguiu unha vitoria na primeira manga e un cuarto posto na segunda

G24.gal 20/08/2023 18:00

Continúa a tiranía no MXGP dun Jorge Prado que no seguinte gran premio podría ser campión.

A fin de semana comezou cun 3º posto na Qualifying Race na que vencería Febvre.

O seu éxito baseouse na gran regularidade que leva demostrando todo o ano. Un gran comezo no que pouco a pouco iría baixando e aproveitando as caídas dun Seewer e dun Febvre que lle puxeron a vitoria en bandexa.

Prado quixo asegurar a boa fin de semana e evitaría sustos na segunda manga, logrando un cuarto posto que lle permite afrontar os 3 derradeiros grandes premios cunha vantaxe de 92 puntos. 

Se Febvre, segundo no Mundial, tivese un erro e non puntuase, Prado sería campión do mundo da MXGP. Malia esa posibilidade todo indica que teremos campión galego nos dous gran premios finais.

Pola súa parte, aciago Gran Premio para Rubén Fernández: 17º na primeira manga tras unha caída no comezo e 8º na segunda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos