Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jorge Prado segue recortando puntos a Gajser

Jorge Prado segue recortando puntos a Gajser

Pese a quedar terceiro, o quinto posto de Gajser fai bo o acadado por Prado

G24.gal 17/08/2024 17:57

Carreira nos Países Baixos onde Jorge Prado quere seguir recortando a distancia con respecto ao líder do campionato Tim Gajser. Nos libres previos Jorge Prado foi o máis rápido, por diante de Gajser, pero nas clasificacións as cousas sempre mudan, e iso foi o que pasou.

O natural de Holanda e piloto que corre en casa nesta carreira, Glenn Coldenhoff, foi o primeiro da clasificación, por diante dun renacido Romain Febvre, que está conseguindo bos resultados nas últimas carreiras, e Jorge Pado completando o podio. O terceiro posto na clasificación sirve para seguir achegándose a Gajser, que foi quinto por detrás de Herlings.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar