Publicador de contidos
Publicador de contidos

José Angel Tellería: "Nin nos mellores soños agardabamos este resultado"

José Angel Tellería: "Nin nos mellores soños agardabamos este resultado"

O presidente do Waterpolo Pontevedra analiza o máis que posible ascenso á primeira nacional

G24.gal 08/05/2022 09:59

Galicia está a un paso de ter un representante na máxima categoría do waterpolo español. Falamos do CW Pontevedra, que este sábado goleaba por vinte a dous ao Murcia no encontro de ida da eliminatoria polo ascenso a Primeira Nacional desputado na piscina da Escola Naval de Marín. Alí estivo a Radio Galega e conversou co seu presidente, Jose Ángel Tellería.

"Moi satisfeitos e sorprendidos polo resultado. Nin nos mellores soños podiamos agardar este resultado. Foi un partido plácido. Tiven que gardar as composturas no palco pero o partido permitiuno. A priori está moi ben encamiñado. Pero a situación sanitaria dinos que non nos podemos relaxar. Non convén confiarse en exceso".

Máis alá do éxito deportivo agora chega un novo reto, non menos complicado: atopar o presuposto necesario para competir nunha elite copada por conxuntos cataláns. Tellería ten traballo por diante.

"Xa temos que comezar a facer números, cadrar as contas do ano que vén. O salto a nivel económico é importante. Nunca nunha categoría nacional do waterpolo competiu un equipo galego. Estamos a 32 minutos de facer historia".

O CW Pontevedra arrincou a temporada con este obxectivo e unha novidade: a fusión con Pabellón Ourense para ter un grupo grande, homoxéneo, con garantías e nivel para buscar o ansiado ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos