Publicador de contidos
Publicador de contidos

As Guerreiras da auga vencen a Países Baixos e aseguran unha nova medalla

As Guerreiras da auga vencen a Países Baixos e aseguran unha nova medalla

A selección feminina de wáter-polo volve a unha final olímpica tres anos despois

España imponse ao seu verdugo nas últimas competicións internacionais

FONTE: EFE FONTE: EFE
G24.gal 08/08/2024 15:52

España asegurou unha nova medalla nestes Xogos Olímpicos. As Guerreiras da auga gañáronlle o pulso a Países Baixos, actual campioa de Europa, e volven a unha final olímpica.

A selección feminina de wáter-polo comezou o encontro con grande intensidade. As xogadoras españolas conseguiron un parcial de 1-6 no primeiro cuarto grazas a unha boa actuación en ataque. Países Baixos reaccionou e no segundo cuarto conseguiu reaccionar, índose ao descanso cun resultado de 10-5.

As xogadoras neerlandesas aproveitaron a desconexión de España para remontar e pór a igualada no electrónico ao remate do terceiro tempo. O partido rematou en táboas logo dun último cuarto moi parello e a clasificación á final olímpica decidiuse nos penaltis. Martina Terré alzou o voo e detivo o cuarto lanzamento de Países Baixos. Inmediatamente despois, Maica García anotou o tanto decisivo e clasificaba a España para a final.

Vitoria para as xogadoras adestradas por Miki Oca, que aseguran a décimo sexta medalla para a expedición española.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade