Publicador de contidos
Publicador de contidos

José Manuel Ferreño colle a remuda como novo director xeral de Vegalsa-Eroski

José Manuel Ferreño colle a remuda como novo director xeral de Vegalsa-Eroski

Ferreño conta cunha ampla experiencia no sector alimentario, loxístico e tecnolóxico

José Manuel Ferreño Sánchez (á esquerda) substitúe a Joaquín González Iglesias (á dereita) na dirección xeral de Vegalsa-Eroski José Manuel Ferreño Sánchez (á esquerda) substitúe a Joaquín González Iglesias (á dereita) na dirección xeral de Vegalsa-Eroski
G24.gal 22/01/2024 18:23

José Manuel Ferrero Sánchez toma o posto de director xeral de Vegalsa-Eroski, susbtituíndo a Joaquín González Iglesias. A remuda é aprobada polo Consello de Administración da empresa co peche do exercicio 2023.

O novo director xeral ten unha dilatada experiencia en distribución comercial e gran consumo, contando cunha licenciatura en Empresa Financeira e Informática de Xestión pola Universidade da Coruña e PADE en IESE Business School.

En relación á súa traxectoria profesional, desenvolveuse en diferentes compañías do sector alimentario, loxístico e tecnolóxico, mentres que a súa relación con Vegalsa-Eroski comezou na década dos noventa e ata a actualidade. Neste tempo contribuíu ao desenvolvemento dos establecementos Vego Supermercados, ao nacemento de Autoservizos Familia, a Alianza con Grupo Eroski e a posta en marcha da Plataforma de Mercadorías Xerais de Sigüeiro, entre outras iniciativas da compañía. 

Deste xeito, Joaquín González pecha unha etapa tras 38 anos como alto directivo na distribución alimentaria galega, os primeiros 13 anos como director xeneral de Savengo e os 25 seguintes como director xeral de Vegalsa-Eroski, aínda que continuará ligado á empresa como accionista.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade