Publicador de contidos
Publicador de contidos

José Mujica, expresidente do Uruguai, anuncia que padece un tumor no esófago

José Mujica, expresidente do Uruguai, anuncia que padece un tumor no esófago

Padece tamén unha enfermidade inmunolóxica que lle afecta os riles, o cal crea dificultades para técnicas de quimioterapia ou de cirurxías

Luis Cortés / Reuters Luis Cortés / Reuters
G24.gal 29/04/2024 18:16

O expresidente do Uruguai José Mujica anunciou este luns nunha conferencia de prensa que ten un tumor no esófago.

"Necesito informarlles de que o venres pasado descubrín nun recoñecemento médico que teño un tumor no esófago, algo dobremente complexo no meu caso porque padezo unha enfermidade inmunolóxica hai máis de 20 anos", dixo o expresidente, de 88 anos.

Agregou que esa enfermidade inmunolóxica lle afectou os riles, o cal crea "obvias dificultades" para técnicas de quimioterapia ou de cirurxías. Así mesmo, dixo que mentres poida seguirá militando xunto aos seus compañeiros, fiel á súa maneira de pensar e entretido coa súa horta e as súas galiñas.

"Mentres o corpo aguante vou estar. Quero agradecerlles e transmitirlles aos mozos deste país que a vida é fermosa. O quid da cuestión de triunfar na vida é volver levantarse cada vez que un cae. E se hai rifa, que a transformen en esperanza. Loiten polo amor", salientou Mujica.

Finalmente, agregou que a única liberdade que existe está na cabeza e chámase "vontade".

"Se non a utilizamos non somos libres. E isto hai que entendelo. Este desafío téñeno as novas xeracións. E a vida é tan fermosa que non ten sentido que a sacrifiquen por estupideces. Polo demais, estou agradecido e, ao cabo, que me quiten o bailado", concluíu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade