Joselu marca no triunfo doado de España diante de Chipre (1-3)
Joselu marca no triunfo doado de España diante de Chipre (1-3)
Antes da media hora o equipo español xa gañaba por 0-3 con goles do silledense, de Yamal e Oyarzábal
España ten case garantida a primeira posición do grupo logo do tropezo de Escocia en Xeorxia (2-2)
España gañou dun xeito moi cómodo á pechacancelas Chipre e afianzou a primeira posición do seu grupo de clasificación para a Eurocopa. Unha vez lograda a clasificación, o equipo español busca rematar como primeira de grupo e ser cabeza de serie no sorteo.
A historia do partido resúmese nos primeiros cinco minutos. Chipre quería aguantar o maior tempo posible o empate, pero o xuvenil Lamine Yamal marcou un gol moi temperán que aclarou o camiño cara ao triunfo.
⚽️LAMINE YAMAL PARA ESPAÑA
— Teledeporte (@teledeporte) November 16, 2023
👶Tiene 16 años
😎Tú verás, sin ponerse nervioso
2⃣ Gol de Yamal con España
🇨🇾Chipre 0 - 1 España🇪🇸#VamosEspaña #EURO2024
📺https://t.co/xzhdpWi4HG pic.twitter.com/7iHnDB56Uy
Todos os goles de España chegaron no primeiro tempo. Oyarzábal, que tivo que deixar o partido cunha doenza muscular, fixo o segundo cunha certa dose de suspense. O VAR acreditou que estaba en posición correcta.
E o silledense Joselu marcou o terceiro, aproveitando a oportunidade que lle deu o seleccionador para comezar o partido como titular. Antes da media hora, o resultado era de 0-3.
🤯¡Pero qué barbaridad, Joselu!
— Teledeporte (@teledeporte) November 16, 2023
🔥Balón que toca con la selección, balón que convierte en ORO
España (@SEFutbol) ha necesitado media hora para dejar el partido más que encarrilado#SelecciónRTVE
En directo por @La1_tve y @rtveplay: https://t.co/PdOU8ax0ER pic.twitter.com/ntUQNJ0GSj
A selección relaxouse e dedicouse a controlar o partido sen gañar en profundidade. Chipre rematou o encontro con boas sensacións porque atopou no 76 o gol de Pileas, toda unha ledicia para o público.