Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jozabed e Johaneko, fichaxes de luxo para o Lugo

Jozabed e Johaneko, fichaxes de luxo para o Lugo

Jozabed: "Este é un bo proxecto, un sitio en que gozar e sentirme importante"

 Johaneko: "Estou preparado no plano físico, traballei moito en Bordeos"

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 04/09/2023 11:28 Última actualización 04/09/2023 11:34

O Lugo realizou as últimas presentacións. Foron as de Jozabed e Johaneko como novos xogadores do equipo galego.

Tanto o medio andaluz coma o lateral francés expresaban a súa satisfacción pola chegada á cidade amurallada e a súa participación no proxecto da entidade:

Jozabed: "Este é un bo proxecto, un sitio en que gozar e sentirme importante. Podo adaptarme ás posicións que se requiran no centro do campo. Se fora por min, xa debutaría, estou para o que necesite o equipo".

"Pasei tres anos moi bos en Galicia, o meu recordo é o mellor. Sabemos que aquí imos vivir ben. É unha terra que sempre nos tratou ben, non temos dúbidas".

Johaneko vivirá a súa primeira experiencia en España:

"Estou preparado fisicamente, traballei moito en Bordeos e quero defender as cores do C. D. Lugo canto antes".

Jozabed avaliou a dura derrota ante o Deportivo:

"Ás veces pasan estes resultados. Veñen ben porque é unha cura de humildade e de realidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar