Juan Gauto completará o ataque do Deportivo
Juan Gauto completará o ataque do Deportivo
O extremo arxentino chega á Coruña cedido polo Basilea de Suíza
O extremo arxentino Juan Gauto (20 anos) completará o ataque do Deportivo. Coa chegada de Bouldini e Gauto o club considera que as prazas no ataque estarían ben cubertas para afrontar a tempada na Segunda División.
Juan Carlos Gauto é un extremo que chega cedido do Basilea. O cadro suízo apostou forte por el no verán de 2023 cando lle pagou catro millóns de euros ao Huracán polo traspaso. Viña de destacar como internacional arxentino na Copa do Mundo sub20 logo de debutar na Primeira División con só 18 anos.
No seu primeiro ano no Basilea alternou titularidades con suplencias e non conseguiu marcar ningún gol na liga (dous na Copa). O equipo azulgrá considera que a cesión é unha boa oportunidade para que colla minutos nunha liga competitiva como a Hypermotion e regrese máis feito como futbolista e adaptado ao estilo europeo.