Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un xuíz de Texas paraliza a administración da pílula abortiva mifepristona

Un xuíz de Texas paraliza a administración da pílula abortiva mifepristona

Considera que a Administración de Alimentos e Fármacos non tivo en conta o seu "impacto negativo" sobre a saúde

O fármaco, xunto co mifoprostol, utilízase na metade das interrupcións do embarazo anuais que se levan a cabo no país

G24.gal 08/04/2023 08:30 Última actualización 08/04/2023 10:11

Un xuíz federal de Texas emitiu unha sentenza revogando a aprobación da pílula abortiva mifespristona a nivel nacional. O maxistrado Matthew Kacsmaryk ordenou anular a aprobación que a Administración de Alimentos e Fármacos (FDA) lle dera ao medicamento no ano 2000.

O veredicto, con todo, dálle á representación legal do goberno de Joe Biden unha semana para apelar a decisión. No texto xudicial, alega que a FDA violou o procedemento e non tivo en conta o "impacto negativo" do fármaco na saúde das persoas que o toman.

"A FDA errou por completo en non considerar un aspecto importante do problema ao omitir calquera avaliación dos efectos psicolóxicos do fármaco ou unha avaliación das consecuencias médicas a longo prazo do fármaco", escribe o xuíz Kacsmaryk no documento.

A mifespristona, xunto co misoprostol, coñécense como "pílulas abortivas" ou abortos medicados. 

Aumento do seu uso

Desde que a Corte Suprema dos EUA revogara o ditame Roe contra Wade, que protexía o acceso ao aborto a nivel nacional en xuño do ano pasado, aumentou o seu uso.

Segundo datos do Instituto Guttmacher, o 54 % de todos os abortos do país durante o 2022 foron con estes fármacos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade