Publicador de contidos
Publicador de contidos

García Comesaña: “A presión hospitalaria é contida pero pode mudar rápido"

García Comesaña: “A presión hospitalaria é contida pero pode mudar rápido"

Esta semana reunirase o comité clínico para analizar os datos

O conselleiro de Sanidade pide limitar as interaccións sociais

G24.gal 18/12/2021 10:18

O conselleiro de Sanidade non descarta o endurecemento das restricións se continúan a medrar os contaxios. Nunha entrevista no espazo Bos Días da Televisión de Galicia, amosa a súa preocupación pola evolución dos datos nos últimos días, tras superárense os 500 casos por 100.000 habitantes a catorce días.

Con todo, Julio García Comesaña asegura que, polo momento, a presión hospitalaria é “contida” malia rexistrárense un número importante de persoas ingresadas, sobre todo nas áreas sanitarias de Vigo e Ourense. Lembra que a os ingresos en Galicia están por baixo da media española pero "sabemos que isto pode mudar de xeito rápido".

Esta semana reunirase o comité clínico (que non o facía dende outubro)  para analizar os datos e os posibles efectos da ponte da Constitución na evolución epidemiolóxica. Así e todo, subliña que o subcomité segue a xuntarse cada venres.

Cumprir coas restricións

O conselleiro considera fundamental cumprir coas restricións e as medidas de seguridade para manter estes niveis. "Estamos sementando o que vai pasar no Nadal", insiste. Neste sentido, pide unha diminución das interaccións sociais, manter a distancia, ventilar os espazos pechados e usar a máscara o máximo posible.

"É factible convivir cos eventos sociais facendo un uso seguro da hostalería (...) Hai que tentar quitar a máscara só cando se come ou se bebe".

Vacinación infantil e de reforzo

Do mesmo xeito, insiste na vacinación. Neste sentido, agradece o comportamento das familias e da poboación menor de once anos que estes días recibiu a primeira dose. 

“Os datos destes primeiros días son moi bos, roldan o 87 %, o que nos permite pensar que (con esas 72.000 vacinas máis confirmadas polo Ministerio) arredor do 85 % do grupo de 5 a 11 terá posta unha dose na primeira semana de xaneiro”.

Julio García Comesaña tamén considera prioritario poñer todas as vacinas posibles de reforzo canto antes.

“Os datos de Galicia en maiores de 80, 70 e 60 están por riba do 90 %. Estase a traballar no grupo de 50 a 59 (…). Pensamos que antes de finais de ano podemos empezar xa co grupo de 40 a 49 anos”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade