Publicador de contidos
Publicador de contidos

Junqueras di que ERC apostará por un referendo de independencia aínda que "alguén teña que volver ao cárcere"

Junqueras di que ERC apostará por un referendo de independencia aínda que "alguén teña que volver ao cárcere"

Os republicanos din que a proposta xa está enriba da mesa de negociación co PSOE

Os socialistas negan rotundamente a posibilidade dun referendo

O PP acusa a Sánchez de reactivar o 'procés'

G24.gal 25/03/2024 19:15 Última actualización 25/03/2024 19:31

Esquerra Republicana confirma que apostará polo referendo nesta lexislatura e que o fará con todas as consecuencias.

"Se por facelo algún de nós ten que volver a prisión, volveremos", asegura Oriol Junqueras, presidente dos republicanos.

ERC quere ir por diante de Junts e avanzan que a proposta de referendo xa forma parte das negociacións co PSOE. 

"Nós puxemos sobre a mesa o referendo e estamos esperando que o PSOE poña a súa solución", di Marta Rovira desde Xenebra.

Os socialistas negan calquera negociación sobre o referendo e afirman que non o contemplan nin agora nin no futuro. 

Así o asegura a voceira, Esther Peña: "Nin está enriba da mesa nin é a nosa vontade. Serei rotunda: o PSOE non está en ningunha negociación que fale de rupturas, de referendo e de divisións".

O PP dálle máis credibilidade á palabra dos independentistas que á de Sánchez, ao que acusan de volver Cataluña ao punto de partida.

Borja Sémper, o portavoz popular, di: "O Estado de dereito e a sociedade catalá desactivaron o procés e Sánchez vólveo activar. Só hai que escoitar os independentistas para saber o que vai pasar" 

Os populares tachan de coartada o recurso de inconstitucionalidade que aprobará este martes o Consello de Ministros para frear a iniciativa do Parlament que pide declarar a independencia en Cataluña.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade