Publicador de contidos
Publicador de contidos

Kevin Vázquez: “Era unha guerra e saímos ben a disputala”

Kevin Vázquez: “Era unha guerra e saímos ben a disputala”

Vázquez recoñeceu que o seu equipo “interpretou” mellor o xogo na segunda parte

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 08/01/2024 17:41 Última actualización 08/01/2024 17:48

Kevin Vázquez, capitán do Celta, destacou a importancia de alcanzar os oitavos de final da Copa do Rei tras derrotar a domicilio a S. D. Amorebieta nun partido marcado polo estado do céspede de Urritxe.

“Sabiamos o que iamos atopar porque na eliminatoria anterior o campo xa estaba mal, igual o de hoxe estaba un pouco máis enchoupado. Era unha guerra e saímos ben a disputala”, comentou o lateral dereito.

Vázquez recoñeceu que o seu equipo “interpretou” mellor o xogo na segunda parte, cando conseguiron remontar o marcador grazas a unha “maior agresividade” no centro do campo.

“Na primeira parte custounos un pouco ir aos espazos porque non podiamos xogar por dentro nin conducir o balón polo estado do céspede. Foi un partido de moita disputa, dos que a min me gustan, aínda que non sexan moi bonitos de ver. É outro tipo de fútbol, no que hai que adaptarse canto antes, e creo que todos o fixemos”, subliñou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade