Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lafay vence en San Sebastián e Pogaçar segue gañando segundos

Lafay vence en San Sebastián e Pogaçar segue gañando segundos

G24.gal 02/07/2023 18:47

O corredor francés Víctor Lafay obtivo a vitoria na segunda etapa do Tour de Francia, con final en Donosti. Cun percorrido semellante á Clásica de San Sebastián, o final foi todo un espectáculo, no que Pello Bilbao tivo opcións de triunfo.

De novo, viviuse un episodio da loita entre Pogaçar e Vingegaard. O esloveno rabuñou tres segundos máis de bonificación e obtén once de renda sobre o seu máximo rival pola vitoria final. Pogaçar é segundo nunha xeral que segue liderando Adam Yates.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos