Lage Tuñas ve oportuna elección directa de Paco Rodríguez como candidato en Ourense
Lage Tuñas ve oportuna elección directa de Paco Rodríguez como candidato en Ourense
Lage Tuñas xustificou a suspensión do proceso de primarias na cidade de Ourense para propoñer como candidato o que fora alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez.
O secretario de Organización do PSdeG dixo que era o que a cidadanía “pedía a voces”. Lage manifestouse deste xeito despois de que a decisión da dirección do PSdeG causara sorpresa nas filas do partido en Ourense ao designar de forma directa a Rodríguez, que dimitiu en 2012 pola súa suposta implicación na investigación da operación Pokémon, unha cuestión que quedou arquivada.
Para o número dous dos socialistas galegos este movemento “paga a pena” e destacou que o partido está de acordo na decisión, xa que "os compañeiros de Ourense que, lexitimamente, podían aspirar a ser candidatos" deron un paso atrás demostrando a súa “xenerosidade”.
“É o mellor candidato que podemos presentar os socialistas de Ourense”, e afirmou que é unha “referencia para a xente socialista de Ourense”, para que a cidade poida saír “do pozo na que está medida”, xustificou.