Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lambán non liderará a oposición ao PP pero seguirá como secretario xeral do PSOE en Aragón

Lambán non liderará a oposición ao PP pero seguirá como secretario xeral do PSOE en Aragón

Critica o líder do PP por tentar "enmascarar" o seu pacto con Vox

Lambán nas declaracións tras os resultados do 28-M Lambán nas declaracións tras os resultados do 28-M
G24.gal 06/06/2023 16:06 Última actualización 06/06/2023 18:01

O presidente en funcións de Aragón e o secretario xeral do PSOE aragonés, Javier Lambán, non liderará a oposición ao Goberno autonómico por "hixiene democrática". De feito, debátase entre recoller ou non a acta de deputado, polo que o seu futuro pode estar como senador autonómico.

Non obstante, Lambán continuará como secretario xeral do PSOE en Aragón ata o próximo Congreso en 2025. Apunta que "as herencias teledirixidas non funcionan", polo tanto, o que non se pode é ter "un secretario ou secretaria xeral imposto por Madrid".

Lambán acometeu contra o líder do PP aragonés, Jorge Azcón, porque será presidente "grazas a Vox", que é o "seu seguro de vida" aínda que o intente "esconder detrás da cortina". 

Tras as eleccións do 28-M, Azcón conta con 28 deputados, coa maioría da Cámara situada nos 34 escanos. Lambán repróchalle que non hai "un acordo de investidura claro, transparente e que garantice a estabilidade", xa que só alcanzaría a maioría cos 7 deputados de Vox.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade