Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lautaro: "Os da casa temos unha rivalidade moi forte co Dépor"

Lautaro: "Os da casa temos unha rivalidade moi forte co Dépor"

O dianteiro galego-uruguaio recoñece o especial que é para os canteiráns celestes xogar ante o primeiro equipo do eterno rival

Pese as últimas derrotas considera que o seu equipo xhega en bo momento o partido do domingo

Considera que xogar en Balaídos vai ser un factor que benficie ao filial celeste

G24.gal 24/03/2022 21:42

O dianteiro do filial do Celta Lautaro de León xogou onte Ao contraataque. O canteirán céltico valorou o choque do domingo en que o filial celeste se enfrontará co Deportivo da Coruña co ascenso a segunda división en xogo:

"Para nós é un partido moi importante, podemos chamalo derbi. É un rival directo e un partido bonito para xogar. Os que somos da casa si que temos rivalidade forte co Dépor. Levabamos unha serie de seis partidos gañados e sabiamos que podería chegar o mal momento. Somos conscientes do ambiente que se vai vivir en Balaídos, aínda que coincide coa Reconquista. O Depor viña facendo as cousas moi moi ben. Ten moi bos xogadores e vainos poñer as cousas moi difíciles. Estamos acostumados a Barreiro pero gústanos xogar en Balaídos. Eu creo que nos favorece".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade