Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lebedenko: "O Deportivo é un club top, era o que buscaba"

Lebedenko: "O Deportivo é un club top, era o que buscaba"

Di que xoga máis cómodo con tres centrais

G24.gal 25/01/2023 12:12 Última actualización 25/01/2023 12:18

Orest Lebedenko promete "dar todo para gañar cada partido" co seu novo equipo, o Deportivo, un "club top" no que está "moi contento".

“Vou dar todo para triunfar aquí. Dá igual a categoría. Vin xogar ao Dépor, non a xogar unha categoría menos. É un club top. Cando cheguei a España buscaba un club top e atopeino”, afirmou esta mañá en Abegondo durante a súa presentación como novo xogador branco e azul.

É un lateral que está "máis cómodo con tres centrais", porque iso permítelle despregar todo o seu potencial ofensivo, e defínese como un xogador "bastante rápido, técnico e explosivo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade