Lembrando os milleiros de galegos que traballaron no canal de Panamá
Lembrando os milleiros de galegos que traballaron no canal de Panamá
Descendentes destes obreiros impulsaron a fundación Nosa Terra para non perder a súa memoria
O papel esencial dos nosos obreiros nunha das obras de enxeñería máis importante do mundo segue coñecéndose mellor dende hai anos, grazas tamén a exposicións, libros ou o documental de Anxo Peláez Galegos na canle de Panamá, que emitu a Televisión de Galicia e que conta esta historia dende as primeiras ideas.
Dende Núñez de Balboa ordenando desmontar barcos e carrexalos a pé ata o outro océano e dende o intento serio de canle no século XVI, que Filipe II o Prudente detivo citando a San Mateo: "O que Deus xuntou, non o separe o home".
Pero a comezos do século XX os Estados Unidos lideraron a empresa. Pediron obreiros ao mundo. E os galegos responderon. Fálase de que acudiron arredor de 10.000. E mesmo Theodor Roosevelt eloxiou o traballo dos nosos.
A canle inaugurouse en 1914. E en 2016, o terceiro xogo de esclusas, tras unha obra liderada pola española Sacyr.
O documental Galegos na canle de Panamá descóbrenos un enxeñeiro galego que traballou na ampliación, bisneto doutro galego que máis de cen anos antes traballara na construción desta grande historia.