Veciños de Suevos, en Arteixo, din que ninguén os escoita tras máis dunha década protestando polo estado dunha estrada

Anuncian que o próximo día 16 deste mes van cortar o acceso á vía
Camións e turismos circulando a unha velocidade excesiva, malia un sinal de 40. É o día a día da estrada DP-0503 ao seu paso polo lugar arteixán de Suevos.
"Esta estrada é un perigo. Por aquí pasan os camións de gran tonelaxe moi pegados ás casas", "É un perigo. Calquera día nos levan por diante", din os veciños.
Levan máis dunha década esixindo melloras de seguridade viaria. Porén aseguran que, en todo este tempo, ninguén os escoitou.
"Levamos doce anos pedíndolle o mesmo á Deputación e nunca nos contestaron", asegura Olga Naya, a vicepresidenta da asociación de veciños.
Din estar fartos, pero non cansos para continuar coas súas protestas ata que lles fagan caso.
"O que queremos é que non pasen por aquí os camións. Circulan tamén polas noites e fan un ruído...", "Que constrúan beirarrúas. Aquí hai nenos e persoas maiores e calquera día pasa algo".
O próximo venres 16 de febreiro, entre as cinco e as sete da tarde, vanse concentrar nesta estrada, na que cortarán o tráfico, para esixir as actuacións que reclaman.