Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liberados dous líderes radicais do asalto ao Capitolio tras ser indultados por Trump

Liberados dous líderes radicais do asalto ao Capitolio tras ser indultados por Trump

Trátase de Enrique Tarrio e Stewart Rhodes, fundadores das dúas organizacións que lideraron o asalto

Esta orde asinada polo presidente dos EUA afectará a uns 1.500 dos procesados polo ataque tras a vitoria de Biden nas eleccións de 2020

Stewart Rhodes, fundador do grupo ultranacionalista Oath Keepers, que liderou o asalto ao Capitolio, sae de prisión en Cumberland. REUTERS - Deborah Gembara Stewart Rhodes, fundador do grupo ultranacionalista Oath Keepers, que liderou o asalto ao Capitolio, sae de prisión en Cumberland. REUTERS - Deborah Gembara
G24.gal 21/01/2025 18:27

Os líderes das organizacións ultranacionalistas Oath Keepers e Proud Boys saíron de prisión este martes grazas ao indulto e as conmutacións que o presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, concedeu aos procesados polo asalto ao Capitolio do 6 de xaneiro de 2021 tras a súa toma de posesión.

A posta en libertade do exlíder de Proud Boys Enrique Tarrio e o fundador de Oath Keepers, Stewart Rhodes, está cargada de simbolismo, porque foron as dúas organizacións que lideraron o violento asalto.

Este perdón presidencial fíxose efectivo poucas horas despois de ser asinado por Trump. Foi unha das primeiras ordes executivas do presidente, quen dixo que afectará a uns 1.500 dos procesados polo ataque que buscaba impedir que se certificase a vitoria do expresidente Joe Biden nas eleccións de 2020.

Entre os perdoados, aos que Trump se referiu como "reféns", a orde destaca a conmutación de penas de 14 membros das organizacións extremistas dos Oath Keepers e os Proud Boys, incluíndo os seus líderes.

Un deles era Rhodes, que estaba condenado a 18 anos de prisión. O outro líder, Tarrio, foi condenado a 22 anos de cárcere polo delito de "sedición" por un xuíz de do Distrito de Columbia.

Desde que se anunciou a medida, un grupo de seguidores de Trump concentrouse nas portas do centro de detención da capital estadounidense esperando á súa posta en liberdade. Aínda que se descoñece cando serán efectivos todos os indultos.

Más de 730 persoas foron condenadas pola súa participación nese intento de insurrección, segundo datos do Departamento de Xustiza, e unhas 300 seguen pendentes de xuízo, algunhas por delitos violentos, como agresións a policías.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade