Publicador de contidos
Publicador de contidos

Limpeza simultánea dos ríos en 42 concellos galegos

Limpeza simultánea dos ríos en 42 concellos galegos

É a décimo quinta edición da campaña organizada por ADEGA

G24.gal 25/09/2022 14:42 Última actualización 25/09/2022 15:06

Un total de 61 asociacións desenvolven este domingo unha campaña de limpeza de ríos en 42 concellos galegos. A campaña, organizada pola organización ecoloxista ADEGA, cumpre xa 15 anos e moitos xa notan os seus beneficios na limpeza e na conciencia ambiental.

Con neoprenos, canoas, botas e sacos de lixo acoden á limpeza, pero tamén a poñer en valor a riqueza ambiental, o bosque de ribeira e mesmo o patrimonio etnográfico. A flora e a fauna son os grandes obxectivos polos que a asociación A Jalleira se uniu á campaña "Móllate polos ríos".

Desta volta atoparon bastante entullo de obra pero notan que cada ano o refugallo diminúe. A limpeza neste caso fíxose no Tamuxe, no treito entre o muíño das Aceñas e o vello matadoiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade