Publicador de contidos
Publicador de contidos

A marea de voluntariado na zona da catástrofe non mingua

A marea de voluntariado na zona da catástrofe non mingua

Segue a busca de vítimas en barrancos, na Albufera e no mar

Dúas voluntarias este domingo en Catarroja. EFE/Miguel Ángel Polo
G24.gal 10/11/2024 14:18 Última actualización 10/11/2024 14:43

Doce días despois da traxedia, non cesa a busca de vítimas. Actualmente está centrada nos barrancos, no lago da Albufera e no mar, con efectivos da Armada, da Garda Civil, do CSIC e da ONG Open Arms, entre outros.

Tampouco mingua a marea de voluntariado mobilizada para axudar nas tarefas de limpeza. Moitos aproveitaron a fin de semana, coma estes universitarios de Sevilla, para achegarse a botar unha man.

"Sobre todo queriamos traer material de limpeza, que é o que se necesita agora mesmo, e ferramentas de traballo, tamén para traballar nós", explica unha integrante do grupo.

Ademais, estase movendo voluntariamente man de obra profesional: fontaneiros, electricistas... Miguel é un deles, disposto a axudar onde o precisen.

"Onde demanden axuda", resume.

Mentres o voluntariado traballa na retirada do lodo e na recuperación de servizos básicos, atopamos cuadrillas de bombeiros apuntalando edificacións danadas.

"Enxeñeiros e arquitectos avísannos das actuacións de urxencia cada día", relata un membro da Unidade de Rescate en Emerxencias e Catástrofes dos Bombeiros de Valencia.

Nestes momentos, continúan despregados na provincia de Valencia 3.100 bombeiros, 8.500 militares e máis de 10.300 policías e gardas civís.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade