Publicador de contidos
Publicador de contidos

Liorta entre os xogadores de Perú e a policía antes dun amigable en Madrid

Liorta entre os xogadores de Perú e a policía antes dun amigable en Madrid

O porteiro Gallese foi levado á comisaría, onde prestou declaración

Renato Tapia tamén estaba no medio do caos acontecido no hotel

G24.gal 28/03/2023 07:18

Fóra de toda lóxica estivo o que aconteceu coa selección do Perú e a policía á chegada ao hotel de concentración no que se atopan en Madrid. Cando volvían do adestramento previo ao partido amigable que teñen que xogar contra Marrocos, moitos afeccionados achegáronse para ver os seus ídolos. A policía tentou controlar a marea humana e, segundo apunta a Axencia EFE, empurrou a Yotún confundíndoo cun seareiro.

A partir dese intre produciuse o caos. Varios xogadores e as forzas de seguridade enleáronse nunha pelexa que rematou co porteiro Pedro Gallese en comisaría prestando declaración. 

Gallese xa está a carón dos seus compañeiros no hotel onde se preparan para xogar o partido que terá lugar no estadio Metropolitano. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade