Lixeira repunta de contaxios por coronavirus en Galicia
Lixeira repunta de contaxios por coronavirus en Galicia
Galicia registra 1.036 casos activos de covid, con seis pacientes en UCI
O Sergas xa puxo 7.646.044 doses da vacina
Galicia rexistra un total de 1.036 casos activos por covid, con seis pacientes en unidades de coidados intensivos (UCI), conforme o último parte facilitado pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, con datos actualizados ás 18:00 horas do xoves.
Dos 1.003 casos, que supoñen un ascenso respecto do dato facilitado o xoves día 27, 197 son da área da Coruña; 130 de Lugo; 145 de Ourense; 113 de Pontevedra; 189 de Vigo; 174; de Santiago e 87 de Ferrol.
Dos positivos en covid, seis están nas UCI e 131 en unidades de hospitalización, con outros 899 enfermos nos seus domicilios.
Na área sanitaria da Coruña hai 27 persoas ingresadas en planta e unha en UCI; en Ferrol son 14 en unidade convencional e dúas en UCI; en Lugo oito e unha respectivamente; no caso de Ourense son 26 e ningunha en coidados intensivos; en Pontevedra, 18 hospitalizadas e ningunha en UCI; en Santiago 21 e ningún paciente crítico, mentres que en Vigo son 17 e dous respectivamente.
Nas últimas horas houbo 68 novos casos declarados de covid, dos que 10 son da Coruña, seis de Ferrol, oito de Lugo, 11 de Ourense, cinco de Pontevedra, 13 de Santiago e 15 de Vigo.
Os pacientes falecidos pola covid en Galicia durante a pandemia son 4.136, mentres que curaron 693.718 que pasaron a infección. As doses da vacina administradas foron 7.646.044.