Cargando resultados...
Localizan o corpo sen vida dun veciño de Teo que buscaban dende o venres
Perdéuselle a pista nun bar próximo ao río Santa Lucía, en Pontevea, onde apareceu
G24.gal
27/04/2024 12:58
A Garda Civil localizou a primeira hora deste sábado o corpo sen vida dun home, veciño de Teo, que buscaban desde a tarde do venres.
O cadáver estaba no río Santa Lucía, un afluente do Ulla en Pontevea. Foron os mergulladores do Grupo Especial de actividades Subacuáticas os que deron con el nunha zona próxima á ponte.
Antes da súa desaparición na tarde do venres, o home estivera nun bar próximo ao río, do que marchou. Agora investígase as circunstancias da súa morte.