Publicador de contidos
Publicador de contidos

Localizan un condutor en Moaña con sete menores no coche, dous deles no maleteiro

Localizan un condutor en Moaña con sete menores no coche, dous deles no maleteiro

No interior do coche viaxaba os outros cinco nenos, e un deles levaba outro sentado no colo

O condutor foi identificado como un veciño de Madrid que tiña o carné retirado e non fixera o curso para a recuperación de puntos

G24.gal 08/01/2024 13:15 Última actualización 08/01/2024 14:18

A Policía Local de Vigo interceptou no corredor do Morrazo, á altura de Domaio, en Moaña, un condutor que viaxaba con dous nenos de 3 e 4 anos no maleteiro do seu vehículo.

Os feitos, segundo informan desde a policía, ocorreron o pasado día 3 de xaneiro sobre as 21:45 horas, momento no cal unha persoa alertaba de que na rotonda de Isaac Peral da cidade olívica un coche circulaba con dous menores no maleteiro, accedendo á autoestrada en dirección Pontevedra.

Grazas a ter a matrícula do turismo e debido á gravidade do servizo, dúas unidades da Policía Local trataron de atopar o coche, localizándoo no corredor do Morrazo.

O condutor é un home de Madrid e 47 anos, e con el viaxaban ata sete menores. Amais dous dous que ían no maleteiro, cinco ían no habitaculo do coche, un deles situado no colo doutro, sen ningún tipo de sistema de retención infantil.

Tras consultar a base de datos da Dirección Xeral de Tráfico (DXT), tívose coñecemento de que o home carecía de carné, xa que non realizara o pertinente curso de sensibilidade e reeducación viaria para a recuperación de puntos. Ao home tamén lle constaba unha orde xudicial ditada por un xulgado de Madrid na que se solicitaba a investigación do paradoiro e domicilio deste individuo.

Por todo iso, procedeuse á inmobilización do coche e interpuxéronse diversas denuncias polo exceso de ocupantes ou por levar menores sen uso de sistema de retención homologado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade