Publicador de contidos
Publicador de contidos

López Miras ofrece a Vox formar parte do Goberno de Murcia para evitar a repetición das eleccións

López Miras ofrece a Vox formar parte do Goberno de Murcia para evitar a repetición das eleccións

Se o 7 de setembro a comunidade non ten presidente, convóncanse automaticamente os novos comicios

G24.gal 01/09/2023 19:12

O candidato do PP á presidencia da comunidade, Fernando López Miras, ofreceu a Vox formar parte do Goberno rexional, co fin de terminar coa situación actual de "bloqueo" e non "condenar" os cidadáns a unhas terceiras eleccións en menos de seis meses.

Desta forma, segundo fontes do PP, acabaríase co "bloqueo" en que se atopa a Murcia desde o pasado 28 de maio e evitaríase a repetición electoral. Hai que lembrar que o vindeiro xoves, 7 de setembro, acábase o prazo para elixir presidente da comunidade. De non ser así, iriamos a unha repetición electoral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade