Lorenzo Amor, vicepresidente da CEOE: "A inflación estase cebando cos autónomos"
Lorenzo Amor, vicepresidente da CEOE: "A inflación estase cebando cos autónomos"
O vicepresidente da CEOE pídelle ao Goberno que deflacte o IRPF como medida para combater a inflación
Apunta Amor que un 75 por cento dos autónomos pagará menos á Seguridade Social co novo sistema de cotizacións
Este venres, na RG, entrevisamos a Lorenzo Amor, vicepresidente da CEOE e presidente da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos, ATA.
Con Amor falamos, entre outros asuntos de actualidade, da suba do SMI que pretende o Goberno e do novo sistema de cotizacións para os autónomos aprobado este xoves no Congreso.
Sobre este novo modelo apunta Lorenzo Amor que supón un cambio estrutural, que suporá un aforro nas cotas á Seguridade Social para máis da metade dos traballadores do colectivo.
Pon en valor o acordo acadado onte no Congreso porque afirma, trátase dun sistema de cotizacións conforme ós ingresos reais, semellante ó que xa se aplica noutros países de Europa.
"Quero lanzar unha mensaxe de tranquilidade. Os autónomos poden elixir dentro deses tramos a base pola que queren cotizar, os que xa cotizan por bases superiores aos seus ingresos seguirán manténdoa, e moitos pagarán menos do que o fan agora, un 75 por cento pagará menos ou igual do que paga agora", salienta.
Paro autónomos
Traslada o vicepresidente da CEOE que a inflación está afogando a un colectivo moi afectado xa pola parada económica que deixou a covid.
Neste momento, o problema, insiste, é que se veñen producindo meses consecutivos de baixas de autónomos cotizantes á Seguridade Social, e que se a tendencia segue así, os datos no que resta de ano non serán moito mellores.
"Vimos rexistrando mes a mes os peores datos dos últimos 10 anos. Este ano vanse Vanse perder autónomos, individuais, e tamén autónomos que teñen traballadores", manifesta.
Amor pídelle ao Goberno que deflacte o IRPF ou pense en baixar impostos que eviten que cidadanía e empresas se empobrezan aínda máis.
Para Lorenzo Amor, este non é o momento de subir salarios, senón de baixar impostos.
"Non poden pretender que a patronal estea de acordo en alimentar máis o escenario inflaccionista, que nos empobrece a todos máis, por exemplo, querer subir os salarios coa inflacción que temos, o que sería un problema para a economía e para os traballadores", expresa.
Suba SMI
Pídelle ao Goberno responsabilidade co país. Insiste en que as medidas para loitar contra a carestía da vida pasan pola baixada do IRPF, rebaixa nas cotizacións dos traballadores á Seguridade Social ou baixar impostos como o Gas, pero non subir salarios.
"Pidolle á vicepresidenta do Goberno que sexa responsable co seu país. Ante a perda de poder adquisitivo dos cidadáns. Pido que deflacte a tarifa do IRPF para que os cidadáns non perdan poder adquisitivo. O Goberno négase", insiste.
Non concreta que suba salarial estaría disposta a asumir a patronal, capacidade que lle traslada ao Goberno. En calquera caso, desde a CEOE insisten, este é o momento de xerar confianza nos cidadáns e nas empresas.