Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lousame dispón dun novo caixeiro grazas ao programa de inclusión financeira

Lousame dispón dun novo caixeiro grazas ao programa de inclusión financeira

De aquí a maio, pasará o mesmo noutros 35 concellos rurais de toda Galicia

G24.gal 16/03/2022 15:12

Lousame é un concello moi grande e coa poboación moi dispersa. Pese a superar os 3.300 habitantes, non dispuña de ningún servizo bancario. 

Ata para os trámites máis básicos, coma pagar unha taxa municipal, tiñan que acudir ás oficinas dos concellos lindeiros. 

Desde o Concello levaban anos e anos tentando solventar esta carencia, pero non conseguían que ningunha entidade abrise unha oficina no seu termo municipal. A partir de agora a situación vai cambiar, porque dispoñen dun novo caxeiro nos baixos da Casa do Concello, grazas ao programa de inclusión financeira promovido pola administración autonómica en colaboración coa Federación Galega de Municipios. 

Amais de instalar o caixeiro, o programa ofrece a posibilidade dun apoio inicial para aquelas persoas que non están habituadas a facer os trámites por esta vía. Os interesados nesta formación pódense apuntar no Concello. Desde a Administración Local reclaman un maior compromiso das entidades bancarias neste sentido. 

Os técnicos ultimaban a posta a punto do caixeiro. De aquí a maio, pasará o mesmo noutros 35 concellos rurais de toda Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar