Publicador de contidos
Publicador de contidos

Louzán "O fútbol débelle unha ao Deportivo e devolveralla"

Louzán "O fútbol débelle unha ao Deportivo e devolveralla"

O presidente da FGF analizou no Galicia en goles a derrota ante o Albacete en Riazor

G24.gal 12/06/2022 09:47

Foron moitas as autoridades que estiveron presentes no palco do feudo coruñés para presenciar a final polo ascenso a segunda división. Da ilusión inicial pasouse en pouco máis de dúas horas á decepción pola derrota. Nada máis rematar o encontro, falou coa Radio Galega o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán.

"Isto é fútbol. Esta cidade e esta afección non merecen o que sucedeu, pero toca seguir loitando. Esta cidade ten que volver ao fútbol profesional canto antes. Hoxe estaba todo de cara pero como é fútbol pois deu onde máis doe. Se isto pasa noutro lugar de España.... pero aquí.... con esta afección, é un pau grande. Remata a temporada onde o Deportivo fixo unha metade de temporada. A esta afección hai que devolverlle o que da. O fútbol débelle unha e estou seguro que o devolverá"

Agora serán catro equipos galegos os que desputen na 2022-2023 a primeira categoría federativa. E toca distribuir os grupo. 

 

"Haberá que loitar para conseguir o ascenso directo e logo unha ou dúas prazas nos playoff. Foi boa nova para Galicia esta fase. En canto á distribución, toca asamblea da federación, na que estarei presente e veremos cómo quedan"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar