Lucas Pérez: "Todos queren gañarlle ao Deportivo. É algo determinante"
Lucas Pérez: "Todos queren gañarlle ao Deportivo. É algo determinante"
O coruñés recibiu este mércores o premio ao mellor xogador de xaneiro no Deportivo
Lucas Pérez recibiu este mércores o premio ao mellor xogador de xaneiro no Deportivo e resolveu unha dúbida que flota no ambiente branco e azul desde hai días:
"Non, non estou apercibido. É outra competición e non contan. Tiña dous cartóns no Cádiz e agora dous no Deportivo".
É consciente de que se aveciña un mes duro con tres de catro partidos a domicilio:
"A nivel persoal e profesional véxoo con moita ilusión. Fóra de casa temos que dar ese plus. Veñen agora dous partidos complicados e temos que pensar en nós mesmos. Sabemos a importancia que ten o partido do domingo. A categoría é difícil".
Explica Lucas que o maior problema está fóra da casa e que ningún campo é como Riazor:
"É que non é o mesmo xogar en Riazor para o equipo rival, que para o seu propio campo. Están ante o seu público, campos que coñecen máis que nós… e vén o Dépor e é unha motivación extra. Nótase en todos os campos. O outro día en San Fernando foi a mellor entrada da tempada. Todos queren gañarlle ao Deportivo. É algo determinante. Logo ademais hai campos que non coñecemos as dimensións, o céspede… non son escusas, pero son factores que minguan. Agora imos a Matapiñonera, que é un campo moi complicado"
Lucas Pérez afirmou que está a ver a categoría que máis ou menos se esperaba:
"Non me sorprende, imaxinábama así. Unha competición complicada. Se cadra non ten tanto bombo, pero hai xogadores de moito nivel, algúns que pasaron por Primeira, Segunda… cada vez está máis igualada. Vemos equipos que esperabamos que se cadra non ían caer… logo no lado oposto outros como o Celta B coa dinámica boa que veñen agora".