Lucas Pérez centra as iras da afección na desfeita do Cádiz
Lucas Pérez centra as iras da afección na desfeita do Cádiz
O presidente do equipo andaluz asegura que "non hai caso Lucas", poucas horas antes de pechar o mercado de fichaxes
Sergio:"Lucas é futbolista do Cádiz. Non me gusta desviar a atención"
Lucas insiste en que quere xogar esta temporada co Deportivo en 1RFEF
O caso Lucas Pérez está máis quente ca nunca. O presidente do Cádiz, Manuel Vizcaíno, recoñeceu que tivo unha xuntanza co dianteiro galego na que lle volveu a pedir que o deixase marchar ao Deportivo. "Non hai caso Lucas Pérez", comentou o mandatario na previa do partido diante do Athlétic.
"He estado tomándome un café con @LP10oficial. Él me expresó una idea, yo le expresé la mía".
— DAZN España (@DAZN_ES) August 29, 2022
Manuel Vizcaíno, presidente del @Cadiz_CF, sobre Lucas Pérez #LaLigaEnDAZN ⚽ pic.twitter.com/4PPlmxjurL
Sergio González, o adestrador, deixouno no banco de suplentes e sacouno cun 0-2 no marcador no minuto 65. Dentro do nivel alto de alporizamento da afección ese intre foi o momento de maior tensión con todo o campo asubiando a un xogador que non consideran comprometido.
Nesa mesma liña se amosou o seu compañeiro Álvaro Negredo ao final do encontro. "O que estea aquí, que o faga con todo", dixo o que foi dianteiro titular diante do Athlétic.
🔊 "Esté quien esté, que esté con todo. El año pasado lo conseguimos".@AlvaroNegredo9 con @I_Molina #LaLigaEnDAZN ⚽ pic.twitter.com/zG43aYq6HZ
— DAZN España (@DAZN_ES) August 29, 2022
Tras o encontro, tamén se manifestou o técnico, Sergio:
Sergio:"Lucas é futbolista do Cádiz. Non me gusta desviar a atención"