Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lugo, referente para as autocaravanas

Lugo, referente para as autocaravanas

A pandemia deu un grande impulso a este tipo de vacacións

G24.gal 08/08/2024 14:10

A paisaxe e a gastronomía fan de Galicia un destino ideal para os amantes das autocaravanas, un xeito diferente de pasar as vacacións ou os días de descanso, que teñen en Lugo un punto de referencia importante nunha ampla área preparada para estes vehículos e que está situada a cinco minutos do centro da cidade, e que ademais é de balde.

Sen dúbida esta área de autocaravanas é a responsable de que a cidade de Lugo sexa un referente para os que optan por este tipo de lecer. Ampla, tranquila e moi ben situada son algunhas das súas características.

Esta área aparece referenciada en case todas as guías e aplicacións especializadas en autocaravanas.

Ten capacidade para cincuenta vehículos e a estancia máxima permitida son 48 horas. Nese tempo conviven persoas que crean unha pequena sociedade, e xorden boas amizades. Ademais, ten repercusións positivas na economía local.

Esta área, ademais, con servizo de supermercado itinerante.

Outra das vantaxes deste tipo de viaxes é que un pode levar toda a familia.

A pandemia contribuíu a que incrementara moito o número de usuarios deste tipo de vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar